miércoles, 20 de junio de 2018

CALENDARIO FILÓSOFAS
(ALUMNAS FILOSOFÍA 4º ESO)










As alumnas de 4º de ESO traballaron a búsqueda de información de diferentes filósofas ao longo da Historia. Seleccionaron unha serie de pensadoras correspondentes a cada etapa da Hª da Filosofía. Despois de facer isto traballaron esa época e a cada filósofa en particular. Recavaron datos biográficos, historia personal, ideas, obras e o pensamento de cada filósofa. Analizada a información a sintetizaron para dar corpo ao calendario de Filósofas. Ademáis caracterizáronse de varias delas enunciando a través dunha frase siginificativa o seu pensamento.





 

  
 

Aquí tedes o calendario:

martes, 5 de junio de 2018

CURTAS POLA IGUALDADE 

Este traballo o fixemos as alumnas de 1º de Bacharelato. Preme na ligazón e adéntrate no que o mundo das curtametraxes conta sobre o tema da Igualdade.

 Este é o noso primeiro cartaz de difusión.

 O alumnado esperando a que se inicie a proxección.


Presentación a cargo dunha alumna de 1ª de BAC.

lunes, 27 de junio de 2016

A CASA TRADICIONAL GALEGA



A casa tradicional galega é característica pola súa singular estrutura, o tipo de casa que imos a pasar a explicar agora e a casa de montaña propia do centro de Galicia


A COCIÑA

A dependencia esencial nas nosas vivendas campesiñas é a cociña.

A cociña non é soamente a peza destinada a preparar o xantar; nela xúntase a familia
para comer, recíbense as visitas, fanse as tertulias, gárdanse as provisións, procúrase o
seu quentor nas noites do inverno e, en moitas delas, dórmese pola noite.

E dentro da cociña o sitio fundamental é a lareira.

A lareira, en esencia, é unha lousa de pedra sobre da que se acende o lume
Outra estancia dentro da cociña é:

A cheminea leva ás veces no seu interior o canizo, e cando a casa non a ten, o canizo atópase ao aire, sempre por riba da lareira.
O canizo consiste nun tecido de carabullos que fan coma unha plataforma a través da cal pasa o aire quente e o fume, e está destinado a afumar e secar as castañas e os chourizos.

AS CORTES
Están destinadas ao aloxamento do gando vacún, presentan un papel determinante, dada
a súa importancia na economía doméstica. Dentro das diferentes tipoloxías, existe un
factor común relacionado coa súa proximidade á casa, proximidade relacionada co
coidado case constante que precisan os animais e polo aproveitamento da súa calor.


OUTRAS DEPENDENCIAS

Hai modernamente unha dependencia que comenza a ter un certo desenvolvemento ainda que, polo xeral, se atopa fóra da casa: referímonos ao escusado.

O mais corrente é o “pozo negro”, feito en forma dun simple burato na terra, mais ou menos fondo, por baixo do escusado propiamente dito.

As casas que teñen doble contan cunha depenciencia mais: o faiado, ou faio, que é o espazo comprendido entre o teito e o tellado.

Os alpendres son as dependencias máis comúns na casa galega e reciben numerosas denominacións como pendellos, combarrizo, pallote, cabana, alboio, etc. Están presentes en todas as casas tradicionais, tanto agrícolas como mariñeiras, e mesmo pode aparecer máis dun e o seu destino é o almacenamento e o abrigo.

As palleiras, palleiros ou secadeiros son construcións moi estendidas nas zonas
interiores, destinadas ao almacenamento de herba ou palla seca para a alimentación do gando durante os meses invernais


O poleiro das pitas. Nas casas que teñen escaleira exterior adoita aproveitarse o oco desta pra facer nel o poleiro, cunha portiña á que soben as pitas por unha táboa inclinada provista de travesas pra que as pitas agarren na subida.


A adega do viño ou da carne búscase o local mais fresco e alí se instala o lagar, ou o baño, no caso da carne no que se salga o mesmo ca cando se usa para a elaboración do aceite. O chan adoita ser de terra cunha camada de sábrego, atopándose algunhas laxeadas.

O pombal destínase á cría de pombas e non é unha construción demasiado estendida nas casas de Galicia.

Os fornos. Os fornos son unha construción que aoigual que as eiras, adegas ou os muíños, poden ser privados ou comunais

Os hórreos (espigueiro, piorno, canastro, cabazo ou cabaceiro) é unha das construcións típicas de Galiza e complementaria da vivenda.




Resultado de imagen de horreo



A casa na costa

A casa galega na costa non ten grandes diferenzas coas casas tradicionais do interior xa que os mariñeiros tamén traballaban a terra e necesitaban as mesmas dependencias dos labregos. As vivendas mariñeiras adoitan ser máis cativas e estreitas, modestas, normalmente acaroadas, con pinchos, e son comúns as soleiras, corredores e arcadas e soportais. Só as dependencias destinadas ó gando estaban ausentes nas casas, especialmente na Mariña lucense. Por mor da abundancia de cunchas, nalgúns lugares da costa galega tense documentado o uso destas para as medianeiras das casas.

A casa vilega e urbana tradicional

Os galegos non só viviron no rural, pero a esencia do pobo galego xira arredor do agro e a súa idiosincrasia. As casas vilegas e urbanas non son outra cousa que as casas rurais adaptadas a outro medio de vida diferente. As casas vilegas adoitan ser mais pequenas, estreitas e escuras que as casas rurais, debido á organización das vilas e cidades.

IMG_20160611_095411.jpg

As cidades antigas galegas adoitan a estar construídas arredor dos centros de poder máis importantes. As poboacións estruturábanse arredor da catedral ou das igrexas importantes e dos centros de poder civís (Concello), que se agrupaban en prazas normalmente ou compartían os mesmos espazos nalgúns casos. Nestas prazas, digamos maiores, adoitaban estar as casas das xentes nobres e ricas da vila ou cidade xa que a proximidade a estes centros de poder denotaba a importancia desa familia na sociedade da zona.
Tamén nestas prazas nas que se producía a vida social, nas zonas mais chuviosas, adoitamos atopar soportais para



IMG_20160611_095356.jpg



protexerse da choiva. Preto de estas prazas atopamos fontes para o abastecemento de auga, xa que as casas non tiñan auga corrente. Como moito, terían unha fonte privada que abastecera á casa nas vivendas dos máis nobres e importantes, ou dos cargos eclesiásticos.


IMG_20160611_101134.jpg




Os servizos que nas aldeas estaban na casa ou eran comunais, nas vilas e cidades tiñan que ser públicos por imperativo do pouco espazo e do gran número de xente que vivía nelas.A auga era unha gran fonte de servicios para unha vila, sen contar que é necesaria para unha boa vida.  As fontes, os lavadeiros e os pozos podían ser privados, para o uso das xentes podentes, ou públicos, para o uso das xentes do común sen moita capacidade económica. Tamén aproveitando os ríos e os regos, os muíños facíanse neses cursos de auga e abastecían a toda a vila.

As vivendas, ao teren pouco espazo, non podían albergar todos os útiles e obradoiros que podía ter unha casa rural. Polo tanto, as necesidades materiais da casa, como os tarros de cerámica, as ferramentas, o calzado, a ropa…, facíanse nos obradoiros dos artesáns agrupados normalmente nun barrio propio.

IMG_20160611_101249.jpg
Xa centrándonos na vivenda en sí, atopamos unha construcción normalmente rectangular, cunha fachada ás veces brasonada, non superior a tres andares, e cun baixo independente da casa. Neste baixo estableceranse os comercios da vila. Á vivenda entrase por un zaguán, un recibidor na parte inferior do edificio. Tralo zaguán, aparecen as escaleiras que soben ós distintos andares. As dependencias da casa non cambian moito, ó seren unha adaptación das casas rurais, pero si cambian o seu uso e importancia na organización da casa

A cociña perde o seu rango de eixe vertebrador da casa. A lareira substitúese por un fogón que só serve para cociñar. Ás veces, o papel da cociña queda tan rebaixado que o fogón trasladase ás escaleiras para o seu uso común por todos os habitantes do edificio. As habitacións manteñen a súa función sen grandes cambios. As dependencias para o gando desaparecen completamente, agás nas casas de moito poder nas que se gardaban ós cabalos nos baixos do edificio, aínda que algúnhas casas conservan unha pequena horta na zona traseira do edificio. Por último, atopamos moitos casos de vivendas con galerías nas fachadas, de gran tamaño en moitos casos.

Mais, as cousas foron cambiando nas grandes cidades (Pontevedra, A Coruña, Vigo, Santiago, Ourense, Ferrol, Lugo) e en moitas vilas (Foz, Viveiro, Baiona, Sada, Sarria, A Estrada, etc.), nas que se impuxeron as modas foráneas e se perderon moitas das características antes mencionadas. As cidades e vilas actuais conservan poucos vencellos coas casas vilegas e urbanas galegas tradicionais polo que este tipo de casa non pode ser estudado con maior profundidade pola ausencia de exemplos, conservados na súa maioría nas vilas e cidades antigas e con pouco desenvolvemento urbanístico moderno como Mondoñedo ou Ribadavia.




Historia casa Matilde

A casa ten sobre 200 anos, encontrase na parroquia de Vilademouros, O Incio na cal se encontra a mina de carbonato de magnesio que está valorada como a 1º de Europa e a 2º do mundo en calidade. Esta nun entorno rural e pegada a outra casa como antiguamente se construían. A estrucura da casa é de pedra de pizarra do entorno, o piso das habitacións, as divisións, pasillo, escaleiras e faiado e de madeira de castaño, o que utilizaban de bodega e a cociña están pisadas de chantos (pizarra grande) e as cuadras estaban en terra. As lacenas que ten a casa están feitas nas paredes e tamen están feitas con madeira as cales ainda están en bon estado.


A casa pertencía a un señor que tiña un estanco nas mesma a parte de adicarse a agricultura. Este tivo que emigrar a Bos Aires e vendeulle a casa a un home, Benito o cal vivía coas suas irmás Matilde e Manuela. De Matilde decían as malas linguas que era bruxa, Benito era zoqueiro e Manuela era a que evaba o gando.


O ultimo dono da casa Benito faleceu hai uns 26 anos e o fillo deste foi o quevendeu a casa a un veciño xa que el tiña a sua vida, traballo e familia e Vigo. Na actualidade a parte das cuadras utilizase para gardar ferramenteas, unas das habitacións mais grandes utilizase como secadoiro dos productos de matanza o porco (chourizos, salchichóns,…) a bodega seguese utilizando para facer viño e para ter o saleiro donde están os xamóns, lacóns,… o resto utilizase para gardar trastos. A casa teitouna de novo e arreglou o corredor o dono actual dela, o corredor tivo que ser arranxado porque era bastante grande e un camión do leite tirou cunha parte del porque sobresalía moito hacia ao camiño. Nunca se fixaran en que o corredor era demasiado grande, xa que antigamente o leite levabano en olas ou cuncas a alida do pobo andando, non viñan camións, como agora.   


A COCIÑA

A cociña era a parte principal da casa.Nela non só se facía de comer, tamén se reunía a familia, recibíanse as visitas e quentábanse no inverno. A parte máis importante da cociña era a lareira.C:\Users\admin\Desktop\traballo antropologia\IMG_20160601_171251.jpg


A LAREIRA

Nesta foto pódese apreciar onde estaba situada a lareira, nun ángulo da cociña. Estaba formada por unha lousa de pedra colocada no chan sobre a que se facía lume.Tamén se pode ver a canle que seguía o fume para saír da cociña cara o teito. C:\Users\admin\Desktop\traballo antropologia\IMG_20160601_164416.jpg



O FREGADEIRO

Aquí podemos ver o fregadeiro. Era unha pía de pedra situada a uns 90 cms do chan nun entrante da parede,  adoitaba ter unha fiestra por riba del (neste caso a fiestra está tapada).C:\Users\admin\Desktop\traballo antropologia\IMG_20160601_165642.jpg
A ALACENA
Eran entrantes nas paredes que se utilizaban para almecenar cousas, non só estaban na cociña, estaban espallados por todas as estancias da casa.C:\Users\admin\Desktop\traballo antropologia\IMG_20160601_164329.jpg


O resto da casa estaba distribuido en diferentes habitacións destinadas a dormir, e adoitaban ser compartidas por varios membros da mesma familia. Nas seguintes fotos pódense apreciar diferentes obxectos antigos típicos daquela época, como un candil, un reclinatorio de igrexa, unha artesa e un perchero.
C:\Users\admin\Desktop\traballo antropologia\IMG_20160601_164952.jpg



C:\Users\admin\Desktop\traballo antropologia\IMG_20160601_165032.jpg

C:\Users\admin\Desktop\traballo antropologia\IMG_20160601_164804.jpg

C:\Users\admin\Desktop\traballo antropologia\IMG_20160601_165419.jpg


AS CORTES

C:\Users\admin\Desktop\traballo antropologia\PANO_20160601_170738.jpg

Estaban situadas na parte baixa da casa. A súa función era aloxar o gando e, o mesmo tempo, aproveitar a calor deste para quentar o conxunto das estancias superiores da casa. O gando adoitaban ser vacas e porcos (acomodados no cortello). No caso concreto desta casa os últimos donos adicábanse a cría de ovellas para uso doméstico.



O CORREDOR
C:\Users\admin\Desktop\traballo antropologia\IMG_20160601_165751.jpg

Tamén era un elemento moi común da época nas casas desta zona. Estaba feito de madeira e nesta vivenda en particular a súa función era básicamente ornamental.

O FORNO
Situado no patio da casa, estaba feito de pedra e nel cocíase o pan, as empanadas e asados de carne.
C:\Users\admin\Desktop\traballo antropologia\IMG_20160601_171014.jpg



AS ESCALEIRAS

Estas escaleias son interiores, de madeira e comunicaban o establo e a vivenda.C:\Users\admin\Desktop\traballo antropologia\IMG_20160601_164218.jpg

A Casa Gudín, exemplo dunha casa restaurada

A casa Gudín sitúase na parroquia de Santa María de Vilamaior,Sarria-Lugo.
Actualmente está restaurada e habitada, a súa contrucción inicial remóntase a fai 300 anos.
Inicialmente a casa era máis pequecha,pero os donos da casa gudín a medida que os donos das outras casas emigraban en busca de traballo a Madrid e Arxentina,foron mercando as diferentes estancias ata formar a actual.
No forno tamén viviu xente,que era familia cercana dos Gudín,pois a parte de atrás do forno era a súa vivenda.
Xa agora somos a quinta xeración que viviu nesta casa dos Gudín. O que se sabe dos nosos antepasados é que todos foron ferreiros,e como non a forxa consérvase na súa totalidade como era antigamente. Algunhas bandas como a de Vilapedre deixaban os seus instrumentos durante uns quince días na forxa nos que pasaba a noite un deles.
Tamén na época das Guerras Carlistas era moi frecuente que algúns dos fuxidos do bando contrario se refuxiasen no monte de Vilamaior e cando tiñan algún fallo nas súas armas ou arreglar algunha peza baixaban a aldea para pedir axuda e subían ó monte para reparar as armas ou para extraer algunha peza dental se fose necesario.


IMG-20160612-WA0018.jpg

A casa divídese en dúas partes que a súa vez están unidas por un corredor.

O corredor antigamente era tamén un hórreo, e o que se pretendía era que ó pasar o aire por debaixo secara o trigo ou millo.
O seu chán era de madeira pero ó final tívoselle que acabar poñendo placa de cemento.
IMG_20160615_205155.jpg
IMG-20160320-WA0015.jpg


Este é un hórreo que está ó carón da casa,conservado dende a súa construcción.

Unha parte de atrás da casa,que non está utilizada na actualidade como vivenda é a chamanda “palleira” pois a parte de abaixo era usada para gardar os carros e a parte de arriba era unha palleira.
Snapchat-3422993207633119850.jpg



A parte que lle daba de comer a casa era a forxa,o lugar onde traballaban os ferreiros da casa Gudín,que non recibiu ningunha modificación ó longo da súa historia.
A forxa contituíase dun barquil,que era o que avivaba o fogo nos carbóns das uces, o crisol e as tenazas que era para fundir o metal, a xunca onde se lle daba forma o metal, o torno para facer ocos,a prensa para agarrar os obxectos de metal,a roda de afiar e a pila que servía para templalo.

Aquí podemos observar algúns dos obxectos:
IMG-20160612-WA0014.jpg
IMG-20160612-WA0016.jpg

Tamén seguen no seu sitio as ferramentas usadas por estes ferreiros para o proceso de transformación do ferro e outro metais.
IMG-20160612-WA0015.jpg

Nalgunhas portas que dan a fóra e por algunha do pobo podemos encontrar un que outro picaporte,datados en 1932,1951 e un reformado de 2009, os que non son da casa sen fecha, pódense atopar por todos os arredores como Castro de Rei,Sarria,Currelos,Escairón...
Snapchat-1011777374494679829.jpgSnapchat-6793755122122696523.jpgSnapchat-5524553673124667216.jpg

En frente a casa atópase o forno,onde cocían o pan e tamén habitaron uns familiares da casa Gudín que marcharon para Arxentina,e no que actualmente se segue cocendo ademáis de facer empanadas e biscoitos.
Ten unha parte reservada para gardar a leña e outra,a de atrás feita de novo por dentro para a seca dos chorizos xunto a unha despensa,esta última parte era a que estaba habitada polos familiares de arxentina.

IMG_20160611_165918.jpg

O resto da casa foi restaurado tanto por dentro coma por fora.


O PAZO DE ROMARIZ

martes, 23 de junio de 2015

Este é o blog da clase de antropoloxía de 1º BAC do IES Gregorio Fernández de Sarria. Xa sexa por curiosidade, por honrar a memoria dos nosos devanceiros ou por ter acceso a unha sabiduría e coñecemento antigo do que hoxe non dispoñemos, o desexo de indagar no pasado e recompilar as mostras da cultura popular antes de que se perda todo neste mundo globalizado, lévanos a guiarnos polo noso espirito máis antropolóxico, xa sexa preguntando aos nosos anciáns ou removendo os anais da historia. Como traballo de campo neste curso, e dentro do proxecto ríos dispoñémonos a levar a cabo unha investigación sobre As Aceas (a coñecida ruta de sendeirismo) e en concreto sobre os seus muíños, e tamén sobre os muíños da contorna, para revitalizar o pasado da nosa terra. Esperando que visitedes a cotío o noso blog: Antropólogos en funcións: Alba López Díaz, Iván Vázquez López, Noelia Rigueiro López, Desi López Rodríguez, Alexia Rigueiro Calván, Alba Vázquez González e Brenda Somoza Muñoz.


O río Oribio é noso protagonista. Si seguimos o seu curso entraremos na Ruta das Aceas, tomando un dos dous itinerarios posibles, a Acea de Abaixo. Con boa compañía e equipados cunhas botas para camiñar, emprendemos o sendeiro que nos leva río arriba, na chamada Ruta das Aceas. É a direción que toman todos os paseantes que se adentran na ruta viñendo da vila de Sarria. Apenas comenzamos,topámonos xa ca primeira estampa. A agua, a presa e o muíño saen o encontro. A curiosidade empurranos a seguir a senda que desemboca no muíño de Mourín, recentemente restaurado. As sorpresas non se fan de rogar, porque ata o chan que pisamos é idílico e nos regala as cores de este inverno en todo o seu esplendor. No camiño atopamonos cun pequeno refuxio, que deu cubillo aos campesiños que baixaban dende os pobos veciños ca carga para os muíños ou cos animais. A continuación, a nosa ruta serpentea e no seu xiro deixa ao descuberto un segundo muíño. E, de novo, temos ante os nosos ollos unha paraxe de conto. Ao carón, a presa e o muíño, e ao outro, unha Carballeira en pronunciado declive. Nin sequera a forte pendente que queda aos nosos pés invítanos a abandonar. Tiñamos que chegar ata aquí para atravesar o camiño baixo un pórtico de alisos, ata chegar á presa dá Caneira, un dos mellores acoutados de pesca deste río soado pola calidade das súas troitas e a transparencia das súas augas. Xa temos ao noso alcance o final do itinerario, porque o terceiro muíño, o do Conde, marca o inicio do camiño cara á aldea veciña de Fafián. Deixamos atrás a Ruta das Aceas, pero seguimos ao río na súa entrada no casco urbano. E cun novo muíño, o de Ponte Ribeira. O río encauzase no Malecón. Si tomamos a estrada de Becerreá, chegaremos a outra ponte histórica, a Ponte Vella, romano nas súas orixes. Preto se empraza un dos muíños máis fermosos da zona, o de Don Álvaro.
IMG_20150522_103620.jpg

Foto muiños 2 (1).jpg
Os muíños de auga ou aceas construíanse á beira dos ríos, realizando unha presa para embalsar auga e conseguir unha diferenza de altura. A auga do encoro corría por un canal ou cano e movía unha roda con penas (pás) chamada rodicio, a que á súa vez movía as pedras ou moas do muíño. Ao conxunto formado polo encoro e máis o cano de alimentación do muíño chámaselle popularmente caneiro, sendo xunto cos caneiros de pesca elementos característicos da paisaxe dos rios galegos. Este modo de obter enerxía mecánica utilizábase tamén noutros usos, como os batáns (tamén mencionados no Quixote) ou nas serrerías americanas. Actualmente, moitos destes encoros empréganse para producir enerxía eléctrica (enerxía minihidráulica), pero levando a auga por un conduto cerrado desde o fondo do encoro até unha turbina, que substitúe a roda de pás. Tipos de muíños de auga pola súa propiedade e uso De maquía ou maquieiros: o muiñeiro recibe da persoa que leva o gran unha parte (maquía) da fariña resultante, como cobro do seu traballo. O tamaño da maquía era un neto, cantidade regulada polo concello. De herdeiros ou aparceiros: a propiedade do muíño é compartida e transmítese por herdanza. As quendas de uso regulábanse por un tempo determinado. Deste uso compartido xurdían relacións sociais e comunais moi ricas, por exemplo as muiñadas (festas nocturnas no muíño). Partes da obra e maquinaria dun muíño de auga O inferno é a abertura no edificio do muíño, na que desemboca o cano e permite pasar a auga cara á maquinaria. A gradilla é unha grade ou reixa que impede o paso de paus ou pedras ao cubo. A auga do cano colle velocidade nunha tubaxe descendente que se chama cubo e acaba nun picho chamado buzo A saída da auga do buzo cara ao rodicio regúlase cunha billa accionada co ferro da billa O rodicio é a roda con penas (pás) que converte a velocidade da auga en movemento xiratorio que se transmite ás pedras de moer. O rodicio asenta verticalmente encol dunha mesa de madeira, e é suxeitado na parte superior por un eixo que consta de vara, zuncho, veo e varela No andar superior do edificio atópase o tremiñado, desde onde o muiñeiro controla a altura da mesa (e polo tanto a velocidade do rodicio) mediante un ferro chamado brandeiro. O gran deposítase nun recipiente suxeito pola escada, chamado moega. O muiñeiro controla a caída do gran cara ás pedras por medio dunha caneta Hai duas pedras de moer ou moas: unha fixa ou pé, e outra móbil ou capa que roda sobre a fixa.
Muiño de José Antonio Mourín e Mercedes Macía, tuveron a feliz idea de restaurar un muiño como "Acea de baixo" no río Sarria. Un lugar para soñar, nun recuncho maravilloso do río Sarria. Hai un camiño en perfecto estado que leva ao muíño, que se atopa restaurado e conserva as pezas listas para
traballar.


mourin2.jpg
mourin3.jpg
Tamén dispón de outra área habilitada para recibir visitantes. O exterior do muíño atopase rodeado de amieiros , e na parte dianteira sorprende un pequeno souto de tres antigos castaños.

MUIÑO DO CONDE
CODIFICACIÓN: M-08 Nº Plano: C-23
DENOMINACIÓN: MUÍÑO DO CONDE
LOCALIZACIÓN: VIGO - FAFIÁN
ESTADO DE CONSERVACIÓN: BO
GRAO DE PROTECCIÓN: ESTRUCTURAL
CLASIFICACIÓN URBANÍSTICA: SRP ESPACIOS NATURAIS
normal_mapa-ruta-das-aceas-sarria.jpg


normal_aceas-indicador-presa-do-conde.jpg
normal_rio-sarria-acea-de-riba.jpg
958_sarria14.jpg




O “MUÍÑO”:ALGO MÁIS QUE UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO.
Grazas a morfología galega “o muíño” estivo moi presente na vida de Galiza ata praticamente día de hoxe.O muíño fluvial está moi presente nos ríos Galegos,os cales son moi caudalosos debido as fortes precipitacións en Galiza .Hai que ter en conta que a poboación galega foi predominantemente rural ao longo dos anos.Esto implica unha gran actividade agrícola e gandeira.De ahí a necesidade de estructurascoma o “muíño” que permitía moer.Atendendo o funcionamento,o muíño permitía o seu uso por parte da xente do pobo a cambio dunha pequena porcentaxe do material moído nel.Ao longo e ancho de toda a Comunidade hai muíños que datan incluso do século XI e que ó día de hoxe foron rehabilitados e conservados.Algúns deles poden ser visitados como museos e outros,moi poucos,conservan a súa actividade de moer o gran.
Tamén hai de destacar a súa función socializadora:tradicionalmente “o muíño” era o sitio de encontro donde se intercambiaban opinións e a xente creaba “chismes” sobre uns e outros do pobo.A xente cantaba e danzaba mentres moían.De aquí nace a canción popular a “muiñeira”executada habitualmente con gaita e acompañada de pandeireta,tamboril e outros instrumentos típicos da música popular galega.A palabra fai referencia a muller que vai moer ó muíño que cantaba estas cancións mentras esperaba que acabase de moído o gran.Tamén era un lugar onde había encontros entr homes e mulleres do lugar.Conservamos varias cancións que fan referencia a estos.Como por exemplo:
“NON SUBAS MÁIS Ó MUÍÑO MOER,PORQUE CHE PODE COLLER O MUIÑEIRO”
Sentencias relacionados con muiños:
-Cada un tira da auga pro seu muiño, inda que deixe seco o do veciño: Fai mención ó egoísmo da persoa.
-Muiño parado, non gana maquía: Fai referencia aos muíños que teñen un propietario e que cobran a moenda por medio dunha maquila ou maquía.
-Muiñeiro do diaño, que a fariña a fai salvado: Neste refrán faise mención a que o muiñeiro queda coa fariña e da o salvado aos clientes.
-Auga pasada, non move muíño: . Fai referencia a que as situacións vividas no pasado non cambian as presentes nin inflúen nelas.
-Tanto gana a muiñeira co que moe como co que peneira. Trátase dun refrán picaresco que fai mención á moralidade da muiñeira.
-O crego i o muíño, cantando ganan. O refrán establece un paralelismo entre o crego e o muíño, que usan o canto como denominador común para o seu sustento.
ADIVIÑAS:
¿Qué é unha cousa,
que anda e anda,
e nunca chega á casa
da ama? Resposta: O muíño
Qué cousa cousiña será,
que da voltas encima do río
e sen se mollar?
Resposta: O rodicio do muíño.
Un burro branco,
bailando no campo,
e baila nun pé e cabalo non é.
Resposta: O rodicio do muíño.
Anda e non ten pés,
come e non ten boca,
canta comida lle dan toda lle parece pouca.
Resposta : O muíño
Máis de mil señoritos entraron por un burato,
colleron nome de femia e perderon o de macho.
Resposta: Os graus de centeo ou doutro cereal facéndose fariña no muíño.